Nuevos machos a la venta
7 agosto, 2016
Nuevo macho a la venta
12 enero, 2017

Entrevista revista Afriga

Entrevista Afriga

Entrevista Afriga

Os dejamos la transcripción de la entrevista realizada por la revista Afriga. Este reportaje ayuda a conocer los métodos de trabajo de nuestra explotación así como los planes de futuro para la misma.

Descargar entrevista original en PDF.

Descargar entrevista original en PDF (Castellano).

En pouco tempo, Casa Gabino deixará de ser titularidade de José Higinio Río Ramos para converterse nunha SC da que tamén formarán parte a súa muller María José Lorenzo López e o fillo de ambos, Iván Río Lorenzo. Isto ocorrerá cando a Administración lles conceda a axuda para a incorporación de mozos á actividade gandeira, á cal opta Iván para integrarse oficialmente no negocio familiar, no que xa colabora desde hai anos e no que ten postas as súas expectativas de futuro.

Moitos animais do rabaño proceden da compra en poxas

DATOS DE PRODUCIÓN E VENDA DO LEITE

A media de produción da última campaña foi de 10.071 kg de leite, cun 4,56 % de graxa e un 3,21 % de proteína. No mes de xullo, a media individual ascendía a 32 litros/día, cun 3,96 % de graxa e un 3,22 % de proteína. O último reconto celular foi de 106.000 e a bacterioloxía sitúase nas 14.000 ufc/ml.

O leite entréganllo á cooperativa Agris. O importe final (prezo base, calidades e IVE) do último recibo foi de 0,313 €/litro. Ao ser socios non teñen obriga de ter contrato coa cooperativa, a cal vende o leite dos seus asociados de ma-neira conxunta a varias industrias, entre elas Danone, Bes-nier e Clesa.

Esta gandería atópase no barrio da Portela, pertencen-te á parroquia de Narla, en Friol. A súa orixe remóntase a finais dos 70, cando o seu fundador, Gabino Río, empezou cunhas cantas vacas que serviron de xerme para o posterior desenvolvemento da actividade. En 1988 toman o relevo o seu fillo José Higinio e mais a súa nora María José, aos ca-les se une Iván no ano 2006, despois de rematar a Ensinan-za Secundaria Obrigatoria. Con todo, o seu ingreso oficial producirase cando a Xunta aprobe o plan empresarial que Iván presentou para optar ás axudas para a incorporación de mozos ao sector agrario.

Así pois, atopámonos ante unha explotación de terceira xeración na que, a día de hoxe, hai 106 animais. En con-creto, o día que a visitamos había 54 vacas en muxidura, 8 secas, 39 xatas e xovencas e 5 machos.

Unha parte do rabaño actual procede da compra en poxas. Empezaron indo ás que se celebraban en Bos e ago-ra acoden ás que organiza Africor Lugo. Tamén asistiron ás que tiveron lugar na  gandería Outeiro Holstein, de Chantada. Conta Iván que as razóns que os impulsan a de-cantarse pola compra de femias nestes lugares responden, en primeiro lugar, ás garantías sanitarias que ofrecen, “que xa vale moito”, á comodidade do sistema e porque “ás veces, hai animais moi interesantes”.

A RACIÓN DAS VACAS DE PRODUCIÓN ESTÁ INTEGRADA POR 21 KG DE SILO DE HERBA, 20 KG DE SILO DE MILLO E 11 KG DUNHA MESTURA PERSONALIZADA QUE VARÍA EN FUNCIÓN DOS RESULTADOS NUTRICIONAIS DAS ANALÍTICAS DOS SILOS

BASE TERRITORIAL E TRABALLOS AGRÍCOLAS

Teñen 45 hectáreas de superficie agrícola, pero non todas en propiedade. Unha parte do terreo está preto da explo-tación e o resto nun raio de 3-4 km, distribuído en varias fincas. Nelas cultivan herba “unha mestura de raigrás e le-guminosas”, millo “en 14-16 ha” e este ano, como novidade, sementaron algo de xirasol debido ás esixencias de diversi-ficación de cultivos da PAC.

A filosofía destes gandeiros é lograr que as forraxes pro-pias sexan suficientes para a alimentación dos animais, sen necesidade de ter que adquirilas no mercado, co conse-guinte aumento dos custos.

Coa mesma finalidade de reducir gastos, eles mesmos se encargan de todos os traballos agrícolas, excepto da reco-lección do millo. Para levar a cabo estes labores dispoñen da maquinaria necesaria. Teñen catro tractores, picador, se-gadora, arado, sementadora do millo, cisterna…

O SEU PROPÓSITO É AUMENTAR A CAPACIDADE DE RECRÍA PARA PODER VENDER OS ANIMAIS QUE LLES SOBREN E TER OUTRA FONTE DE INGRESOS COMPLEMENTARIA

ALIMENTACIÓN

A ración das vacas de produción está integrada por 21 kg de silo de herba, 20 kg de silo de millo e 11 kg dunha mestura personalizada que varía en función dos resultados nutricionais das analíticas dos silos.

Por outra parte, para as vacas secas elaboran unha ración que leva 32 kg de silo de herba, 6 de herba seca e 4 de pen-so. Iso si, fana cada dous días, a diferenza da ración das de leite, que elaboran e distribúen a diario.

Os animais de preparto ingresan na parideira 4-5 días antes de parir e durante ese tempo xa lles dan algo da ra-ción de produción.

MANEXO DE RECRÍA

Nada máis nacer, os neonatos son separados das nais e tras-ladados a boxes individuais, onde se alimentan a base de leite en po á mañá e á noite, penso de arrinque, herba seca e auga. Para evitar que se mamen entre eles cando se xun-tan no primeiro lote da recría, sempre abandonan o box un pouco despois da desteta, que lles practican entre os dous e os tres meses.

Co penso de arrinque están aproximadamente ata o medio ano e despois fano coa ración dos animais de pro-dución. Máis tarde, a partir dos 10-11 meses, empezan a inxerir a ración das secas.

REPRODUCIÓN E XENÉTICA

Ata hai pouco, ás xovencas practicábanlles a primeira in-seminación aos 15 meses, pero agora están adiantándollela un mes porque, segundo explica Iván, comprobaron que facéndollela antes preñan mellor, sempre e cando o talle do animal sexa o adecuado.

A media de inseminacións por preñez é de 2,4 nas xo-vencas, nas que adoitan utilizar seme sexado, e de 4,4 nas vacas. Comenta Iván que son conscientes de que a das va-cas está demasiado alta e que están indagando cal pode ser o motivo. A taxa de detección de celos é do 62 % en xovencas e do 54 % en vacas. O intervalo medio entre partos é de 447 días e a media do número de partos, de 2,4.

Levan apostando polo implante de embrións desde hai xa uns anos. Cando pechou a U.T.E. de Bos compraron varios lotes, pero desde aquela foron traballando unica-mente cos que lles extraen a femias da propia granxa. Ao comezo utilizaban a técnica de flushing e agora decántanse pola fecundación in vitro. As receptoras adoitan ser xoven-cas ou, en casos máis concretos, vacas de primeiro parto. Ultimamente tamén implantaron algún en femias doutras explotacións para aumentar a capacidade de recría. A súa idea é empezar a comercializar os embrións a curto prazo.

Aínda que o seu obxectivo non é medrar máis en número de cabezas –si en termos de produción–, polo de agora a recría destínana practicamente toda á reposición do raba-ño; non obstante, o seu propósito é recriar máis para poder vender os animais que lles sobren e ter outra fonte de in-gresos complementaria.

O que si xa están vendendo son os machos, a maioría a outras ganderías galegas. Un deles, de nome Portelo e fillo de Doorman e dunha Delete, foi adquirido por Xenética Fontao.

Actualmente, a case todos os animais que van nacendo lles fan a proba xenómica para coñecer o antes posible a súa valía xenética e poder rendibilizala.

“Se melloras a xenética vas ter mellores animais, máis sans e máis rendibles, o que vai supoñer un maior benefi-cio”, argumenta Iván. Sobre a selección dos touros apunta: “Gústame que sexan correctos, equilibrados e positivos a todo: patas, ubre, tipo, leite, calidades… Xa sei que é difícil pero, hoxe en día, coa oferta que hai, creo que é posible”.

Á hora de mercar non adoita coller moitas doses dun touro e inseminar a todas as vacas co mesmo. Prefire coller 4 ou 5 doses para 4 ou 5 femias coas que acople ben, e así con todos. Dos apareamentos encárgase el mesmo guián-dose polo programa de Conafe.

A media ICO da explotación é de 2.376 e a última cua-lificación morfolóxica foi de 81,09. Neste momento teñen 14 vacas cualificadas MB. Por outra parte, no rabaño con-tan con algunhas descendentes da familia Aeroflower e da Laurie Sheik. “Hai algunha outra familia que igual non é de nome pero das que a min me parece que en futuras xeracións poden saír bos animais”, explica Iván.

INSTALACIÓNS E ORGANIZACIÓN DO GANDO

As vacas en lactación e mais as secas alóxanse no establo novo, construído no ano 2003. Dormen en cubículos de area –teñen 52 para as de leite e 10 para as secas– que renovan parcialmente dúas veces á semana. Nel tamén dis-poñen dunha parideira e dun espazo para o touro Precioso, que usan para a monta natural.

A nave ten estrutura de formigón, teito de uralita e pe-ches de bloque. No seu interior teñen instalados varios ven-tiladores para que os animais non sufran estrés por calor.

A sala de muxido é de espiña de dez puntos. Conta con retiradores automáticos, medidores electrónicos e fai rexis-tros de produción individuais, para o que lles teñen podó-metros a todas as vacas en lactación. Os muxidos realízanos ás 8:15 horas da mañá e ás 19:30 horas da tarde.

A recría ata os 5-6 de preñez téñena no establo anti-go, que é no que empezou Gabino no seu día, pero que co tempo se foi ampliando e adaptando ás necesidades de cada época. Actualmente, os animais máis pequenos están en cama quente e, a partir dun ano, dormen en cubículos con camas de goma. O chan está emparrillado e a limpeza é totalmente manual; non ocorre o mesmo no establo novo, no que teñen arrobadeira arrastrada.

Cómpre adiantar que en breve van realizar unhas refor-mas na nave de produción para pasar a recría adulta para ela e facilitar así o seu manexo.

Teñen dúas fosas de xurro; a destinada aos residuos dos animais de produción ten unha capacidade de 600 m3 e a da recría, menos da metade.

En canto ao aforro enerxético, dispoñen dun panel solar de tubos de baleiro que xera toda a auga quente que em-pregan na explotación; para almacenala contan cun acu-mulador de 250 litros.

Panel solar

Almacén de forraxes e maquinaria

FUTURO DO SECTOR

A Iván sempre lle gustaron as vacas, por iso, ao rematar a ESO optou por quedar na casa e axudar no negocio familiar. Diso hai xa dez anos e, na actualidade, atópa-se inmerso no proceso de incorporación oficial á granxa. “Os mundos igual eran algo mellores daquela que hoxe en día, pero con todo e estar as cousas peor, a min ségueme gustando isto”.

Con respecto ao porvir do sector, este gandeiro lucense móstrase optimista e confiado: “Igual non a curto prazo, pero eu penso que futuro ten que telo. E como a min me gusta, estou decidido a seguir, así que haberá que buscar o camiño”. Sobre cal cre el que podería ser ese camiño, isto é o que responde: “O camiño, de momento, creo que ninguén o sabe. Simplemente teremos que facer as cousas o mellor po-sible, iso si, aforrar no que se poida e buscar, se cadra, outras saídas ao leite e outros ingresos complementarios que che-guen á explotación á parte da venda do leite”.